Análise da enquisa realizada ás adegas

Facendo clic aquí pódense observar o cálculo de parámetros estatísticos que estudaron os/as alumnos/as de 4º PDC do IES Salvaterra de Miño en relación á enquisa que se pasou ás adegas.
É preciso comentar que, de todas as adegas ás que se enviaron as enquisas, só 6 delas responderon, o que non permite un estudo demasiado exahustivo. O noso agradecemento a elas pola súa colaboración.

ANÁLISE DOS DATOS OBTIDOS E ALGUNHAS CONCLUSIÓNS:

Nota: Todos estes datos fan referencia á última colleita.
  • Media de litros de viño producida: 154000 litros. Tendo en conta que o desvío típico (100986.8) e o coeficiente de variación (0.6558) son grandes hai que concluír que hai moita diferenza entre a produción de viño dunhas adegas a outras (algunhas producen 5000 litros e outras 320000) e o dato da media non é demasiado significativo.
  • Media do número de hectáreas: 30.16 hectáreas. Igual que no caso anterior, o desvío típico (20.29) e o coeficiente de variación (0.67) son grandes para os datos que temos, chegamos á conclusión de que tamén hai moita diferenza entre a superficie de viñedo de cada adega, tendo adegas con 50 ha de viñedo e outras con 3 ha.
  • Media de kg de uva recollida: 213146.03 kg. Outra vez coma nos casos anteriores, tanto o desvío típico (146817.9) coma o coeficiente de variación (0.69) son grandes, o que nos indica que hai moita diferenza de produción de uva entre unhas adegas e outras, tendo adegas que producen uns 450000 kg de uva e outras que non chegan aos 12000 kg.
  • Media de botellas embotelladas: 224500 botellas. Vólvemos a ter, neste caso un desvío típico (143587.08) e un coeficiente de variación (0.64) o suficientemente grandes para que poidamos volver a afirmar que hai unha gran diferencia na cantidade de botellas que embotella cada adega.
  • Kg de uva por litro de viño: en media, as adegas necesitan 1.52 kg de uva para producir un litro de viño. Neste caso hai que destacar que este dato si é moi relevante debido a que tanto o desvío típico (0.089) coma o coeficiente de variación (0.059) son moi pequenos, o que nos indica que a media é suficientemente representativa para poder afirmar que as adegas necesitan aproximadamente 1.52 kg de uva para facer un litro de viño.
  • Tempo dende a vendima ata que o viño sae ao mercado: a media de tempo entre que se fai a vendima e que o produto sae ao mercado é de 5.3 meses. Neste caso, os valores do desvío típico (1.49) e do coeficiente de variación (0.28) non son grandes, o que indica que non hai moita diferenza entre o tempo que as adegas tardan en sacar o produto ao mercado, pero tampouco é tan pequeno como para afirmar que a media é suficientemente significativa.
  • Outros datos de interese derivados da enquisa:
    • A totalidade de adegas usa uva albariño para a produción de todos os seus viños. Algúns viños son monovarietais (únicamente albariño) e outros mesturas de albariño e outros tipos de uva.
    • Todas as adegas realizan a vendima en setembro.
    • Das adegas que contestaron á enquisa, todas dan sulfato para a conservación da uva máis de tres veces ao ano.
    • Entre as adegas que responderon á enquisa, todas levaron algún premio en concursos de catas de viño.
    • O ano de mellor calidade varía dunhas adegas a outras, non hai unha coincidencia unánime.
    • O ano de maior e menor produción tamén varía dunhas adegas a outras.