O CEP Carlos Casares de Alxén e o IES Salvaterra de Miño empezamos unha andaina a modo de proxecto colaborativo e investigador en torno a unha das fontes de riqueza, tanto económica coma cultural do noso concello: o VIÑO.
Desde os EDLG dos dous centros e co pulo imprescindible dos equipos directivos e mailos claustros, xorde esta vontade de colaboración vertebrada en varios eixes.
Dunha banda, a través dunha metodoloxía cooperativa, elaborar tarefas e proxectos entre alumnado dos dous centros e desde todas as áreas do coñecemento.
Pola outra, esta vaga investigadora que vai desde a estatística á arquitectura, do refraneiro de noso á filosofía presocrática, de microtoponimia á cultura audiovisual..., deste pedaciño do mundo que vimos habitando, ao cabo, non ten máis límites que coñecer, analizar, recrear e soñar a nosa realidade coa lingua que nos fai únicos, que nos fai nós. E así, con estes nós, pretendemos tecer e tecer esta corda de coñecemento.